O alcalde visita a nova escultura da rotonda de Balaídos e avanza un novo deseño para o frontal do estadio
Abel Caballero acudiu hoxe martes a visitar a nova escultura disposta na rotonda de Balaídos, na confluencia de Fragoso, Val Miñor e a Avenida de Balaídos, erixida por Matrero o pasado ano no Certame de Escultura en Pedra convocado pola Asociación Veciñal de Valadares. O alcalde afirmou nesta zona estanse a levar a cabo humanizacións por valor de 10 millóns de euros, e avanzou que o Concello está a deseñar unha nova disposición do frontal do estadio de Balaídos, xunto a Manuel de Castro.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, visitou este martes a nova escultura que preside a rotonda de Balaídos, erixida por Matrero o pasado ano no transcurso do Cerame de Escultura en Pedra convocado pola Asociación de Veciños de Valadares.
En declaracións aos medios, o alcalde salientou que o Concello colaborou coa Asociación Veciñal na organización do evento no que dez escultores crearon en tres días as súas obras, das que o Concello adquiriu dous. Unha destas é Feil, como bautizouse á cabeza de cabalo etrusco que se erixe na rotonda de Balaídos.
Abel Caballero afirmou que o plantexamento municipal constitia en dotar á zona dun "elemento ornamental de beleza", ao tempo que o Concello está a investir 10 millóns de euros na humanización de distintas rúas en Balaídos. Así, o alcalde citou as melloras da rúa Olímpicos, Eugenio Kraff, Val Miñor e das Avenidas de Portanet e Balaídos, que serán inauguradas nos próximos días.
O alcalde avanzou no transcurso da súa visita ao barrio que o Concello está a deseñar unha "nova decoración" do frontal do estadio de fútbol, á altura de Manuel de Castro, actualmente cunha "ordenación deficiente" e con viais "non apropiados á zona".
Descargar todas as imaxes