Vigozoo achega as súas instalaciones un novedoso e amplo programa de actividades participativas
Amosar a importancia da conservación da biodiversidade en todas as súas facetas é un dos principais obxectivos do novo programa de actividades educativas para 2010, organizado dende Vigozoo, que tamén inclue no presente ano a novidade de convocar campamentos organizados polo departamento de Educación . Como vendo sendo habitual, a poboación máis nova que se interesa polas instalacións do zoo vigués ten a súa disposición variadas opcións de visita e convocatorias difenciadas.
O Parque das Ciencias Vigozoo destaca tamén dentro da programación para este ano que aumentan as opcións na realización de obradoiros complementarios á visita guiada, adaptándose ao tamaño e ao nivel educativo do grupo. En relación aos campamentos, engade que dita actividade está orientada a grupos reducidos de escolares, os que se traslada a experiencia positiva das actividades de verán ás aulas. Neste senso os participantes dispoñen de dous días de permanencia no propio parque, incluso pernoctando nas instalacións do mesmo.
Por tramos educativos, a poboación máis pequena, é dicir de tres a 4 anos e pertencente a infantil, conta cun taller xogo de entre 30 e 40 minutos de duración, que serve entre outras cousas para que os nenos e nenas descubran dun xeito dinámico as distintas formas, texturas e elementos que no seu conxunto forman as estructuras animais. Pola súa banda, o colectivo de educación especial ten a oportunidade de achegarse ao mundo mundo animal dun xeito máis dinámico e directo. Tamén dispoñen dun taller xogo.
Tamén adultos e xubilados
Os restantes colectivos que poden disfrutar de forma activa de Vigozoo son os de Primaria, Eso, Ciclos formativos, adultos e xubilados, cuxos representantes poderán facer unha visita guiada con contidos adaptados ao nivel, necesidades e dispoñibilidade de cada grupo en función do horario dispoñible. Dende outubro a marzo e de xullo a setembro a visita guiada será interactiva e terá unha duración de 90 minutos. Mediante esas actividades se mostrarán as especies do zoo dun xeito dinámico durante o percorrido. Os meses de abril, maio e xuño a visita guiada será exclusivamente teórica e de 60 minutos de duración, debido á alta demanda e afluenza existente nesas datas. A visita será realizada dende o punto de vista da conservación das especies animais no ámbito dos zoos, en particular, e da natureza en xeral.
O programa de actividades complétase coas convocatorias Aula no Zoo, Campamento Escolar (de 8 a 12 anos) e as visitas guiadas, todas ellas de carácter participativo e dinámico que os visitantes aproveitan para non ser meros espectadores senón que se implicarán en diferentes aspectos relacionadas coa natureza e os seus habitantes. Os representantes de Vigozoo destacan que estas instalacións constituen "un lugar de investigación, esparcemento, cultura, ensino, e sobre todo nos nenos, de motivación cara o agarimo aos animais e o seu entorno.", polo que se establecen unhas normas que facilitan a convivencia respetuosa entre os visitantes e o cuidado das instalaciónes e as especies que alí habitan.
Descargar todas as imaxes