Escoitar

Xunta de Goberno Local

Orde do día:

venres, 8 xan 2010
ASUNTOS PARA INCLUIR NA SESIÓN ORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DO 11 DE XANEIRO DE 2010.


POLICÍA LOCAL
1.- Dar conta da relación de contratos menores realizados pola Policía Local durante o derradeiro trimestre do ano 2009. Expte. 34158/212.

TURISMO
2.- Asistencia da Concellería de Industria, Comercio e Turismo á feira de turismo internacional de Madrid 2010. Expte. 3245/104.

3.- Rogos e preguntas.


DECRETO DE CONVOCATORIA
Examinada a relación de asuntos precedentes correspondentes ós expedientes para a súa inclusión na orde do día, convoco á Xunta de Goberno Local para realizar sesión ordinaria na súa Sala o día 11 de xaneiro de 2010, ás 9,00 h. en primeira convocatoria e, de non existir quórum, unha hora despois (10,00 h.) en segunda convocatoria, para resolver os asuntos da devandita relación.

Notifíquese ós Sres. e Sras. membros da Xunta de Goberno Local; ao titular da Asesoría Xurídica, ao interventor xeral, ao titular do Órgano de Apoio á Xunta de Goberno Local e ós demais membros dos grupos políticos municipais do PSdG-PSOE e BNG. Fágase público no taboleiro da Casa do Concello para ós efectos de información.
Vigo, 8 de xaneiro de 2010.