A historia de Galicia no Verbum
O Verbum programa para este mes os obradoiros sobre "A Historia de Galicia" dirixidos a nenos e nenas a partir dos catro anos. Os obradoiros terán lugar os domingos de xaneiro de 12 a 13.30 horas cun aforamento limitado a 50 asistentes. A entrada é por orde de chegada e ten un prezo de 1 euro por asistente.
O obxectivo dos obradoiros do mes de xaneiro de 2010 é afondar na exposición temporal "A Historia de Galicia" a través do desenvolvemento de actividades lúdicas e creativas e por outra banda achegarlles aos nenos e nenas contidos culturais vencellados á historia do país para que sigan descubrindo e aprendendo. Os obradoiros teñen, como sempre, carácter eminentemente participativo e activo. Viaxaremos no tempo, haberá contacontos do momento histórico destino da viaxe e unha actividade lúdica sobre a etapa da historia visitada: traballos manuais, recreación de iconas representativas de cada etapa histórica, xogos, teatralizacións, etc.
Os obradoiros comezaron o domingo 3 viaxando á Prehistoria. Presentación xeral da dinámica a seguir ao longo do proxecto, familiarizandose coa exposición e confeccionando o pasaporte para poder viaxar no tempo. Afondouse na cultura Castrexa, o Megalitismo, o Celtismo...
Estructura dos obradorios dos próximos días:
Domingo 10 : viaxamos á Antigüidade
Estudaremos a Romanización, o Priscilianismo, os Suevos...
Domingo 17 : viaxamos á Idade Media
Nesta sesión coñeceremos a lírica Galego-Portuguesa, o Camiño de Santiago, a partición do Reino e nacemento de Portugal, a Revolta Irmandiña...
Domingo 24 : viaxamos aos Séculos Escuros e ao Rexurdimento
Etapa dos Séculos Escuros, dos Ilustrados, do Rexurdimento...
Domingo 31 : viaxamos ao Século XX
Tempo da República, do Estatuto, da Xeración Nós, da Ditadura, da Democracia...
Descargar todas as imaxes