Santi Domínguez salienta a boa marcha da construción da residencia de Apamp en Navia para persoas con dano cerebral
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, manifestou este venres a súa satisfacción pola boa marcha das obras de construción da nova residencia e centro de día da asociación Apamp que se están acometendo en Navia. No encontro que o tenente de alcalde e a concelleira de Benestar María Méndez mantiveron coa directora de Apamp Conchi Somoza e o seu presidente Daniel Varela, o nacionalista afirmou que a visita amosa o apoio das áreas da Tenencia de Alcaldía as entidades que traballan coas persoas con discapacidade.
"Dende a Tenencia de Alcaldía e a Concellería de Benestar Social somos conscientes da gran demanda que existe de prazas para persoas con dano cerebral, polo que queremos instar á Xunta para que non recorte os investimentos de carácter social", sinalou Santi Domínguez. Segundo engadiu o tenente de alcalde, esta visita enmárcase na rolda de contactos que está mantendo o seu departamento para "coñecer de primeira man a súa situación real".
O centro de día que Apamp ten na rúa Miguel Hernández, atende a 53 persoas ao día, e a súa directora, Conchi Somoza, agradeceu ao tenente de alcalde e á concelleira de Benestar Social o seu interese pola situación das persoas con discapacidade e confirmou a necesidade que existe na actualidade de poñer en marcha as infraestruturas que están en construción. "A lista de agarda non para de crecer con novas solicitudes todas as semanas", indicou.
Tras a visita ao centro de día actualmente en funcionamento, os nacionalistas dirixíronse as novas infraestruturas que se están construíndo en Navia. In situ poideron comprobar que se trata da execución dun centro de atención integral para persoas con dano cerebral composto por dúas edificacións. Unha delas será un centro de día, cuxo remate está previsto para fin de ano, e a outra será unha residencia de 32 prazas, que prestará os seus servizos os 365 día do ano ás 24 horas e cuxas obras rematarán no mes de febreiro.