Escoitar
Mobilidade e Seguridade

Peche ao tráfico de diversas rúas

<br />

venres, 15 xan 2010
Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor das obras de urbanización, a realizar pola
empresa Construcción Crespo, estará pechada ao tráfico a rúa Ría (Cambeses Cabral), con acceso exclusivo para garaxes, dende o luns 18 de xaneiro de 2010 ás 10.00 horas e por un período aproximado de duas semanas.
Solicítase a máxima colaboración cidadá.

Por outra banda, ponse tamén en coñecemento do público en xeral que por mor das obras de urbanización, a realizar pola empresa COVSA, estará pechado ao tráfico o carril bus da rúa Pizarro, treito entre Isabel la Católica e Vázquez Varela, dende o luns 18 de xaneiro de 2010 ás 10.00 horas e por un período aproximado de dous meses.
O percorrido alternativo será polas rúas Brasil e Vázquez Varela.
Solicítase a máxima colaboración cidadá.