O alcalde mediará en favor dos traballadores de Alfageme sempre dentro do "marco das leis"
Abel Caballero mantivo este xoves unha reunión co Comité de Empresa da conserveira Alfageme, quenes solicitaron do rexedor o seu apoio e mediación no conflicto laboral que manteñen coa empresa. A este respecto, Caballero asegurou que "actuaremos sen movernon nin un ápice do marco das leis tratando de favorecer aos traballadores". Os empregados manterán próximamente unha reunión co concelleiro de Urbanismo.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou este xoves que mediará en favor dos traballadores de Alfageme sempre dentro do "marco das leis", no conflicto laboral que estes manteñen coa empresa.
Caballero recibiu esta mañá ao Comité de Empresa da conserveira, quenes lle solicitaron apoio expreso e mediación coas institucións e administracións competentes na resolución desta situación laboral. O alcalde asegurou que "actuaremos sen movernos nin un ápice do marco das leis tratando de favorecer aos traballadores".
O primeiro edil indicou asemade que remitirá unha carta ao presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, para que "asuma os seus compromisos", e apuntou que mediará coas institucións convintes para deixar aos traballadores na situación "menos mala posible". Abel Caballero adiantou que os empregados de Alfageme manterán próximamente unha nova reunión, desta volta, co concelleiro de Urbanismo, José Mariño.
Descargar todas as imaxes