Escoitar

Espacio Atlántico busca ser referente do arte no noroeste peninsular

Baixo o lema "ven a escoitar o que os teus ollos queren contarche", inicia a súa andaina Espacio Atlántico, nas instalacións do Instituto Feiral de Vigo (IFEVI), donde 52 expositores de galerías españolas e portuguesas dispoñen de 15.000 metros cadrados para expoñer as principais novidades do eido artístico desde o 14 ata o próximo domingo. Deste xeito, a convocatoria, que chega a cuarta edición, aspira a converterse na principal referencia do noroeste peninsular dentro do sector da plástica.

mércores, 13 xan 2010
1263392293espacio1.jpg
Con vocación anovadora, os organizadores de Espacio Atlántico apostan polo diálogo social entre galeristas participacipantes e a vinculación co evento dos principais axentes culturais da península. Desta maneira a convocatoria tenta de favorecer o desenvolvemento do mercado da arte en Galicia e de paso potenciar as cualidades dos artistas galegos.

As actividades contarán coa participación das principais instituciones artísticas de Galicia, e nelas se desenvolverán pintura, escultura, fotografía, vídeo, grabado de outros formatos, por parte de artistas consolidados e xóvenes talentos. En total serán 12 espazos para proxectos de autor, un conteñido que tenta amosar a laboura de mecenazgo da propia feira, según manifestacións da directora de Espacio Atlántico, Marta Scarpellini. Pola súa parte, o director da feira, David Barro, pensa que o arte actual en Galicia ten que estar unido para que funcione a nivel económico, mediante o diálogo entre institucións e os representantes das galerías.

Programa
Como previa a convocatoria, hoxe está prevista unha conferencia, as 19.30 horas, no Clube Faro, a cargo de Leopoldo Nóvoa, artista a quen este ano se adica a homenaxe de Espacio Atlántico. O programa oficial comeza o xoves as 19.30 horas coa inauguración oficial á que seguirá a citado recordatorio a Nóvoa. A xornada de apertura pecharase cun coctel no Museo de Arte Contemporáneo de Vigo (Marco), as 22.30 horas.

Os restantes días o programa ofrece visitas a distintas fundacións, entidades e centros de Galicia, así como unha mesa redonda no Ifevi baixo o título "Visións privadas, paixóns públicos. O exemplo de coleccionar". O sábado están previstas a presentaciòn da Bienal de Pontevedra 2010 e dúas mesas redondas, respectivamente sobre os espaxos e as súas programacións e sobre coleccións institucionais. Ás dez e media da noite do sábado pecharase a carta edición de Espacio Atlántico.

Labor social
Como novidade tamén nesta edición de Espacio Atlántico, os organizadores escolleron á asociación Igual Arte para darlle o 15% de la recadación das entradas en recoñecemento a súa labor social, pois dito colectivo traballa desde 2002 en Vigo para promover o desenvolvemento indiviual das persoas con discapacidades. Igual Arte traballa con 80 alumnos aos que se ensinan técnicas artísticas que servan para adentrarse na creatividade. Espacio Atlántico apoia a citada iniciativa por fomentar un espazo activo e integrador destiñado a promocionar a cualidades artísticas entre xente con necesidades eductivas especiais.


Descargar todas as imaxes