luns, 11 xaneiro 2010

O alcalde salienta que 71 persoas traballaron nas humanizacións de Baiona e Redondela, con 3 millóns de investimento

Abel Caballero presidiu este luns a inauguración das rúas Baiona e Redondela, en Coia, reformas nas que o goberno local investiu 3 millóns de euros do Plan E e que deron emprego a 71 traballadores, 20 dos cales procederon das listas viguesas do paro. O alcalde mostrou a súa "satisfacción" polo resultado e subliñou asemade o mantemento no substancial das prazas de aparcamento e as dobres direccións incorporadas a demanda dos veciños.

Eudosio Álvarez anuncia a reforma dos baixos do mirador do Paseo de Alfonso, que se sumarán ás dependencias do CAT

luns, 11 xan 2010

O concelleiro de Patrimonio Histórico, Eudosio Álvarez, anuciou este luns que tras a remodelación prevista, os baixos do mirador do Paseo de Alfonso se sumarán ás dependencias do Centro de Artesanía Tradicional. Na presentación dos obradoiros que desenvolverá o CAT no primeiro semestre de 2010, o edil destacou que esta iniciativa forma parte do impulso que dende as áreas coordinadas pola Tenencia de Alcaldía se lle está dando a recuperación do patrimonio histórico e cultural.<br />

Barreiro ofrece a súa faciana plástica máis luminosa na exposición de Mostrarte

luns, 11 xan 2010

O alcalde presidiu este luns a apertura da exposición pictórica do artista Xosé María Barreiro, dentro da convocatoria Mostrarte, un evento municipal que achega o mundo do arte ao público, mediante a ubicación das obras nas dependencias da Alcaldía de Vigo, ademáis de servir como promoción de diferentes artistas plásticos vencellados a cidade. Neste senso, Abel Caballero resaltou que a pintura de Barreiro leva Vigo polo mundo adiante para que sepan como son os seus habitantes.