Barreiro ofrece a súa faciana plástica máis luminosa na exposición de Mostrarte
O alcalde presidiu este luns a apertura da exposición pictórica do artista Xosé María Barreiro, dentro da convocatoria Mostrarte, un evento municipal que achega o mundo do arte ao público, mediante a ubicación das obras nas dependencias da Alcaldía de Vigo, ademáis de servir como promoción de diferentes artistas plásticos vencellados a cidade. Neste senso, Abel Caballero resaltou que a pintura de Barreiro leva Vigo polo mundo adiante para que sepan como son os seus habitantes.
Barreiro, cun longa traxectoria artística, recala con obra pictórica caracterizada por un impresionante coor, intensa luminosidade e sinxeleza nas formas. O seu colega Antón Pulido, que participou na inauguración xunto a un nutrido grupo de xente da cultura, política e economía, destacou dos cadros de Barreiro que amosan que pinta como os anxos, pois fai un traballo sinxelo, sen meditación fonda, sen darlle moitos rodeos. "Esta exposición é unha orxía de coor", suliñou Pulido, quen non esqueceu que Barreiro tamén é preciso no momento de captar un xesto.
Os cadros expostos na Alcaldía teñen como compoñente temática destacada o eido da música, hai que pensar que Barreiro é un consumado instrumentista que domina o acordeón, cecáis desde a súa lestancia no barrio da Boca de Bos Aires, donde tivo como compañeiros a finais da década de 1960 a personaxes do arte como Laxeiro, Luís Seoane, Rómulo Maccio e López Claro, entre outros. Establecido en Vigo desde fai anos, Barreiro ten no seu haber un amplo currículum de exposicións en diferentes cidades do mundo, así como o recoñecemento da crítica.
O expositor agradeceu a presenza de amigos y visitantes na apertura da mostra, e agradeceu á Alcaldía a axuda que supón abrir novos espazos para expoñer, mentras que Abel Caballero insistiu que Barreiro destaca pola proxección da súa obra fóra do seu país, xunto ao recoñecemento e respecto cada vez maior da súa figura.
Seguintes mostras
Mostrarte continuará a súas actividades este ano con novas exposicións, en concreto de Goyanes, Leopoldo Varela, Carlos Fernández Iglesias, Puri del Palacio e Alex Cal. Este último e o primeiro debuxane de banda deseñada que expón na citada convocatoria municipal. Desde a organización de Mostrarte entenden que esta convocatoria no é exclusiva para promocionar a pintura, senón que se abre tamén a outros ámbetos como a fotografía e o cómic.