xoves, 14 xan 2010
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, defendeu este xoves a potenciación das políticas sociais da Tenencia de Alcaldía e da Concellería de Benestar, que dirixe María Méndez para paliar as consecuencias da crise económica. No transcurso da visita que Santi Domínguez e María Méndez realizaron ao Comedor da Esperanza, lembrou que precisamente esta entidade recibiu recentemente 48.000 euros para dar resposta ás necesidades dos usuarias e usuarios, cantidade que se suma aos 22.000 euros do convenio asinado anualmente.
xoves, 14 xan 2010
O alcalde de Vigo entrevistouse este xoves cunha representación do profesorado e do alumnado da Escola Oficial de Idiomas de Vigo, entidade educativa que sufriu este curso reducción de plantel e de clases. Segundo sinalou Caballero, esta modificación realizada pola Consellería de Educación da Xunta de Galicia impediu a matriculación de 700 alumnos, polo que pedirá ao Conselleiro diálogo coa Escola para solventar esta situación.
xoves, 14 xan 2010
O uso do transporte privado no ámbito escolar ten unha progresión continua, un 36% no periodo 2003-2009, mentras que o uso dos vehículos públicos no mesmo apartado reflexa un descenso do 16,0%, segundo manifestou hoxe o Valedor do Cidadán, Luis Espada Recarey, durante a presentación do libro "La movilidad local", un amplo estudo cuxo obxectivo é cuantificar os indicadores europeos de sonstenibilidade en relaciòn coa movilidade local e transporte de pasaxeiros e cos desprazamentos dos escolares entre a casa e a escola na cidade de Vigo.
xoves, 14 xan 2010
Setecentos contenedores desprazados dos seus sitios, caídas de valos publicitarios, derrubamento dunha casa abandoada, roturas de fachadas, dúas ducias de árbores danadas e o desplome de 12 metros de estructura do interior do edificio do Concello, no anexo a sala de plenos, foron algunhas das incidencias do forte temporal sobre a cidade de Vigo, dentro dunha noite de violentos refachos de aire na que policía local tuvo que intervir en 50 casos e os bombeiros en 33, segundo manifestou hoxe o alcalde Abel Caballero.