Santi Domínguez defende a potenciación de políticas sociais para paliar a crise na visita ao Comedor da Esperanza <br />
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, defendeu este xoves a potenciación das políticas sociais da Tenencia de Alcaldía e da Concellería de Benestar, que dirixe María Méndez para paliar as consecuencias da crise económica. No transcurso da visita que Santi Domínguez e María Méndez realizaron ao Comedor da Esperanza, lembrou que precisamente esta entidade recibiu recentemente 48.000 euros para dar resposta ás necesidades dos usuarias e usuarios, cantidade que se suma aos 22.000 euros do convenio asinado anualmente.
Santi Domínguez explicou que esta visita se enmarca na rolda prevista polos diferentes comedores sociais da cidade para comprobar a súa mar cha e que todo "funciona axeitadamente". Segundo apuntoi "por mor da crise cada vez hai máis persoas que demandan un prato de comida e as administracións estamos para dar resposta ás necesidades". Neste sentiod, o tenente de alcalde expresou a súa satisfacción ao comprobar que a concesión dos 48.000 euros están servindo para satisfacer as necesidades da Casa da Caridade, adicándoos á concesión de alimentos.
Asemade, o nacionalista indicou que outro dos obxectivos da visita é convivir cos usuarios e usuarias do Comedor da Esperanza durante o seu tempo de xantar, compartindo un menú integrado por caldo galego de primeiro prato, rapantes de segundo e froita de postre.
O tenente de alcalde lembrou que estes convenios se suman á axuda aportada pola Concellería de Patrimonio Histórico e o Consorcio do Casco Vello para realizar diversas actuacións de rehabilitación da Casa da Caridade. Esta subvención ascendeu a 80.000 euros, e consistiron na remodelación das cubertas, o patio exterior e a rehabilitación de medianeiras.
Descargar todas as imaxes