Escoitar

Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo

Orde do día:

mércores, 13 xan 2010
De conformidade co establecido nos artigos 7 e 9 dos Estatutos da Xerencia Municipal de Urbanismo, proponse para a vindeira sesión ordinaria do Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, a seguinte:
ORDE DO DÍA:
1.         APROBACIÓN DE ACTAS ANTERIORES (07.01.10)
ASUNTOS COMPETENCIA DO CONSELLO DA XERENCIA DE URBANISMO:
2.       DAR CONTA DE RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:
     a.  SENTENZA DE DATA 29.09.09 RECAÍDA NO RECURSO DE APELACIÓN Nº 4659/2007 QUE DESESTIMA A APELACIÓN DO CONCELLO DE VIGO, "CENTROS COMERCIALES CARREFOUR" E "DESARROLLO COMERCIAL URBANO DE VIGO, S.A." CONTRA SENTENZA  ESTIMATORIA DO 03/09/07 RECAÍDA NO RC-A Nº 231/06 P.O. INTERPOSTO POR Dª Mª LUISA GRAÑA BARCIA E OUTROS CATRO CORPORATIVOS CONTRA RESOLUCIÓN DO VICEPRESIDENTE DA COMISIÓN DE URBANISMO DO 02/03/06 DITADA NOS EXPTES. 53799/421 E 29672/422.
     b.  SENTENZA DE DATA 24.09.09 RECAÍDA NO RECURSO DE APELACIÓN Nº 4300/2008 QUE DESESTIMA A APELACIÓN DO CONCELLO DE VIGO E "DESARROLLO COMERCIAL URBANO DE VIGO, S.A." CONTRA SENTENZA  ESTIMATORIA DO 11/02/08 RECAÍDA NO RC-A Nº 145/04 P.O. INTERPOSTO POR D. VENTURA PÉREZ MARIÑO E OUTROS SETE CORPORATIVOS CONTRA RESOLUCIÓN DA VICEPRESIDENCIA DA XMU DO 23/04/04 DITADA NOS EXPTES. 19324/422 E 32522/421 DESESTIMATORIA DO RECURSO INTERPOSTO CONTRA RESOLUCIÓN DA VICEPRESIDENCIA DO 11/03/04 QUE OUTORGABA LICENZAS DE EDIFICACIÓN, ACTIVIDADE E INSTALACIÓN NO ÁMBITO DA PARCELA 3 DO PEPRI III-02 "FINCA DO CONDE", E CONTRA RESOLUCIÓN DA VICEPRESIDENCIA DA XMU DO 22/07/04 DITADA NO EXPTE. 48954/421 QUE AUTORIZA A "FINCA DO CONDE,  S.A." PARA CONSTRUIR DOUS EDIFICIOS NA PARCELA 1 DO PROXECTO DE COMPENSACIÓN DO ÁMBITO DO PEPRI-III 02 FINCA DO CONDE.
    c.  SENTENZA DE DATA 07.10.09 RECAÍDA NO RC-A NÚM. 317/08 P.A. INTERPOSTO POR Dª LUCINDA PEREIRA DE SAA CONTRA RESOLUCIÓN DO CONSELLO DA XMU DO 28/08/08 RECAÍDA NO EXPTE. 12460/423 DE REPOSICIÓN DA LEGALIDADE URBANÍSTICA E QUE DESESTIMA O RECURSO DE REPOSICIÓN FORMULADO CONTRA RESOLUCIÓN DO 19/10/06 QUE DECLARABA REALIZADAS SEN AXUSTARSE A LICENZA E NON LEGALIZÁBEIS OBRAS EXECUTADAS EN RÚA MANTELAS Nº 65, FREIXEIRO. DESESTIMA O RECURSO.
    d.  SENTENZA DE DATA 15.10.09 RECAÍDA NO RC-A NÚM. 109/07 P.O. INTERPOSTO POR D. MANUEL MOSQUERA VARELA CONTRA DESESTIMACIÓN PRESUNTA DO RECURSO DE REPOSICIÓN INTERPOSTO O 03/07/07  CONTRA RESOLUCIÓN DA XMU DO 10/06/04 DITADA NO EXPTE. 48162/421 QUE CONCEDÍA A GABRIEL SILVERA MARCOFF LICENZA DE OBRA PARA CONSTRUIR UNHA VIVENDA EN REXÓN. INADMITE O RECURSO POR EXTEMPORANEIDADE NO EXERCICIO DA ACCIÓN PÚBLICA.
    e.  AUTO DE DATA 21.10.09 QUE ACEPTA O DESESTIMENTO DE Dª CARMEN SÍO VEIGA NO RC-A Nº 73/09 P.O. INTERPOSTO CONTRA ACORDO DA XMU DO 05/03/09, EXPTE. PLU 12312/423.
     f.  SENTENZA DE DATA 19.10.09 RECAÍDA NO RC-A NÚM. 164/08 P.O. INTERPOSTO POR "C.P. RESIDENCIAL GRAN LAR" CONTRA RESOLUCIÓN DO 31/01/08, EXPTE. PLU 12208/423, RELATIVA AO RESTABELECEMENTO DA LEGALIDADE URBANÍSTICA NA RÚA REDONDO Nº 40. DESESTIMA O RECURSO.
3. DAR CONTA DOS EXPEDIENTES DE LICENZA DE OBRAS, ACTIVIDADES E INSTALACIÓNS A RESOLVER POLO DELEGADO DA ÁREA DE URBANISMO E VIVENDA:
EXPEDIENTES DE LICENZA DE OBRAS:
ESTIMADAS:
1.   33757/422.- NADIA LÓPEZ GONZÁLEZ PERRUQUERÍA/BELEZA
2.   64906/421.- JOSÉ LUIS GÓMEZ RODRÍGUEZ                 VIVENDA UNIFAMILIAR
3.   66652/421.- ESTEFANÍA VILA RODRÍGUEZ                   VIVENDA UNIFAMILIAR
4.   66942/421.- Mª DEL CARMEN ALONSO RODRÍGUEZ   VIVENDA UNIFAMILIAR
5.   66943/421.- ISABEL RODRÍGUEZ PÉREZ              VIVENDA UNIFAMILIAR
6.   67233/421.- JOSEFA FORTES MIGUÉLEZ               VIVENDA UNIFAMILIAR
7.   61894/421.- Mª GRACIELA VÁZQUEZ PEREIRO           REFORMA/AMPLIACIÓN
8.   60283/421.- COLÓN 10, S.L. DERRIBO EDIFICACIÓN
9.   68600/421.- PRESAS LAGE VIGO, S.L PRIMEIRA OCUPACIÓN
10. 62872/421.- NADIA LÓPEZ GONZÁLEZ REFORMA COMERCIAL
11. 68770/421.- IMPERMEBA, S.L. CAMBIO DE CUBERTA
12. 68779/421.- JUAN MANUEL RIVADA RODRÍGUEZ CAMBIO DE CUBERTA
4.       PREGUNTAS E SUXESTIÓNS
 
Vigo, 11 de xaneiro de 2010
A XERENTE DE URBANISMO

Julia Chamosa Martín



DECRETO DE CONVOCATORIA
Examinada a relación de asuntos precedente correspondente ós expedientes conclusos para a súa inclusión na orde do día, en uso das atribucións que me confire o artigo 5.b) dos estatutos, convócase ao  Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo para sesión  ordinaria na Sala de Reunións da Xunta de Goberno Local, o xoves día 14 de xaneiro de 2010, ás 9:00 horas, en primeira convocatoria e media hora máis tarde en segunda, para tratar os asuntos da referida relación.
Notifíquese ós Sres. membros do Consello, e fágase público no taboleiro de anuncios da casa do Concello, para os efectos de información.
Vigo, 11 de xaneiro de 2010
O ALCALDE-PRESIDENTE                                         O SECRETARIO DA XERENCIA DE
DA XERENCIA DE URBANISMO                               URBANISMO
(P.D. do titular do órgano de apoio
á Xunta de Goberno Local)
 
Abel Caballero Álvarez                                                   David Prada Puentes