Escoitar

O alcalde e a Secretaria Xeral do Ministerio de Industria visitan as instalacións de Citroën e Barreras

Abel Caballero acudiu hoxe mércores xunto á delegación do Ministerio de Industria encabezada pola súa Secretaria Xeral, Teresa Santero, a visitar as instalacións da factoría viguesa de PSA Peugeot Citroën pola mañá e do astaleiro Hijos de Barreras pola tarde. Alcalde e Secretaria de Industria, ademais das conversas cos responsables das dúas empresas, manteñen esta tarde unha reunión coa dirección de Aclunaga, o Clúster do Naval de Galicia.

mércores, 13 xan 2010
1263391765P1130056.JPG
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, visitou este mércores as instalacións viguesas de Citroën e Barreras xunto á Secretaria Xeral e o Director Xeral do Ministerio de Industria, Teresa Santero e Jesús Candil, respectivamente.

Na mañá deste mércores, o alcalde e a delegación do Ministerio percorreron o centro automobilístico co Director Xeral da factoría viguesa de PSA, Pierre Ianni, saudaron ao comité de empresa e visitaron distintos puntos das instalacións, como o ferraxe e a cadena de montaxe. Os responsables do Ministerio de Industria puideron coñecer os plans empresariais da compañía e pecharon a súa visita á planta viguesa de PSA asinando no Libro de Honra da mesma.

Pola tarde, as autoridades desprázanse aos astaleiros da empresa Hijos de Barreras para coñecer as súas instalacións da man do seu presidente, José Francisco González Viñas, e da dirección da entidade naval. Posteriormente ten lugar unha reunión de traballo da delegación ministerial e o alcalde coa dirección de Aclunaga, o Clúster do Naval de Galicia.
1263391765P1130056.JPG
1263391826P1130030.JPG
Descargar todas as imaxes