O temporal batiu con forza inusitada en Vigo
Setecentos contenedores desprazados dos seus sitios, caídas de valos publicitarios, derrubamento dunha casa abandoada, roturas de fachadas, dúas ducias de árbores danadas e o desplome de 12 metros de estructura do interior do edificio do Concello, no anexo a sala de plenos, foron algunhas das incidencias do forte temporal sobre a cidade de Vigo, dentro dunha noite de violentos refachos de aire na que policía local tuvo que intervir en 50 casos e os bombeiros en 33, segundo manifestou hoxe o alcalde Abel Caballero.
O danos tiveron que ver os contenedores que prácticamene voaron das súas ubicacións, o que obrigou a que tiveran que ser recuperados na maior parte dos casos das calzadas en diferentes puntos de Vigo, donde se rexistraron asimesmo caída de valos publicitarios, de macetas, desfeitas en 25 árbores e danos nas instalacións do Instituto Feiral (IFEVI). Tamén houbo que retirar un tellado que estaba a punto de precipitarse o chán.
O alcalde criticou que Protección Civil da Xunta de Galicia non alertase sobre o gran temporal que se aveciñaba con especial virulencia polos ventos que bateron con forza durante a madrugada de hoxe en toda a cidade de Vigo. Neste senso, Abel Caballero lamentou que una zona de 12 metros caese sobre o corredor que conduce á sala de plenos, o cal pon de manifesto "a lamentable situación na que se atopa o edificio do Concello", engadiu Caballero.