Escoitar

Espacio Atlántico converte a Vigo en cidade da arte

Espacio Atlántico abriu a súas portas o xoves pola tarde nas instalacións do Instituto Feiral (IFEVI), donde concurre todo o fin de semana unha nutrida representación de galeristas que converten a Vigo en referente da arte contemporánea, en especial de pintura, fotografía e escultura, aínda que tamén se poden apreciar vídeo e o traballo en vivo dun artista vigués. A todos eles engádese Leopoldo Nóvoa, a quen nesta edición se lle fai unha homenaxe con presenza incluida da súa obra.

venres, 15 xan 2010
1263561948espacioatlantico.JPG
A inauguración da cuarta convocatoria da cita viguesa contou coa participación de representantes da política, a cultura e a economía de Galicia, entre eles o alcalde de Vigo, Abel Caballero, quen recordou que o que se está a ver na cidade é unha forma de entender a expresión dos que traballan no eido da plástica, que desa maneira representan unha importante aportación á cultura.

En total 52 galerías atopanse representado ao máis notable da arte actual de Galicia e Portugal, que respectivamente dispoñen de 18 e 15 expositores, aínda que tamén e notoria presenza doutras coñecidas salas do resto de España, que recorren a nomes consolidados como Julian Schabel, Cándida Höfer, Tobias Rehberger o Robert Mapplethorpe, entre outros, pero que tamén inclúen a artistas emerxentes que nalgúns casos tentan unha maior proxección. Nesa liña está Project Roms, un espazo destinado o xóvenes valores que apostan sobre todo polos formatos de videomontaxe e fotografía.

Desde a entrada a pabellón ata ó final do pabellón donde se ubica Espacio Atlántico faise realidade o lema da cita: "ven a escoitar o que os teus ollos queren contarche", pois o percorrido no pode comezar mellor que co a proposta do mural, que está a facer Nano 4814 con outros artistas, ata o final do recinto donde están situadas algunas dos videomantaxes más chamativos do evento. Polo medio ducias de obras de pintura, escultura e fotografía, unhas máis arriscadas que outras, pertencentes, ademáis dos xa citados, a xente como Manuel Caeiro, Vitor Mejuto, José Bechara, Antía Moure ou Ángel Núñez , polos apostan as galerías e organizadores como necesarios para manter en alza o mercado da arte.

Espacio Atlántico, ademáis da renovada oferta expositiva, dispón dun programa de actividades que na xornada do vernes abre as 17.30 horas unha mesa redonda, no salón de actos do IFEVI, baixo o título "Pasiones privadas, visiones públicas. El ejemplo del coleccionismo", que modera Fernando Castro Pérez e na que participan Carlos Rosón, Sofía Santos, Luis Sirvent e Alfonso Román. O sábado continuarán os actos no mesmo lugar con sendos debates sobre espacios e programacións, moderada por Paulo Reis, e sobre o coleccionismo institucional.

As actividades completánse con visitas organizadas para os participantes do evento co fin de podan ver en directo as instalacións de distintas institucións, fundacións en museos que traballan a prol da arte en Galicia. Nese senso o MARCO de Vigo acollerá a Colección Espacio Atlántico, que nace coa vontade de promicionar ó arte na cidade. Por outra banda, o 15% da recadación das entradas desta convocatoria irá destiñada a asociación Igual Arte.

Horario
Espacio Atlántico está aberto de 11.30 a 21.30 horas ata o sábado. O domingo, xornada de clasura da convocatoria, o peche está previsto ás 20.30 horas. O ano pasado asistiron ao evento 20.000 persoas, cifra que os organizadores esperan superar na carta edición.
Descargar todas as imaxes