mércores, 27 nov 2019
Bertila Fernández Pérez, de FOANPAS, en representación do Consello da Muller deu lectura na sesión plenaria ao manifesto con motivo da conmemoración do 25 de novembro, Día Internacional da eliminación da violencia contra as mulleres.
venres, 15 nov 2019
A Corporación Municipal de Vigo deu este venres o visto e prace cos votos do PSOE á aprobación inicial das partidas orzamentarias para o ano 2020. O concelleiro de Facenda destacou que se trata dun presuposto "extraordinario" que coloca á cidade "na vangarda da política social". Os grupos municipais da Marea e do PP, así coma o concelleiro non adscrito, votaron en contra.
mércores, 30 out 2019
Todos os grupos apoiaron esta mañá unha modificación do artigo 4.5 da ordenanza 30 para garantir e dar seguridade na recadación das taxas das empresas de telecomunicacións pola ocupación de dominio público. O Concello viña gañando nos tribunais aos intentos das compañías de non abonar estes importes e as sentenzas das diferentes instancais non so referendan a posición do goberno local senón que dan argumentos adicionais que agora se plasman na ordenanza.
mércores, 30 out 2019
O grupo de goberno presentou ambas mocións, instando á Xunta de Galicia a incorporar sendas partidas orzamentarias de 5 millóns nas contas autonómicas de 2020, para cubrir 15 patios de colexios de Vigo por un lado e para ampliar o recinto feiral por outro, atendendo á demanda de Conxemar.
mércores, 30 out 2019
O edil de Facenda defendeu esta mañá unha modificación orzamentaria de 1,5 millóns que se usarán para comprar os terreos nos que se vai construír o pavillón de Matamá e para avanzar no Vigo Vertical. As partidas modificadas proceden, entre outras, de baixas nos contratos de asfaltados así como dun reaxuste dos prazos das obras dos accesos da estación do AVE, polo que non se produce menoscabo de ningunha actuación prevista.
mércores, 30 out 2019
O Concello abonou no terceiro trimestre do ano 1.729 operacións por importe de 38,2 millóns, cunha media de pago de 12 días. Deste xeito, Vigo, xunto con Alicante, volve encabezar á cabeza das cidades máis cumpridoras.
mércores, 30 out 2019
A moción para que Alberto Núñez Feijóo "asuma as súas competencias" en política industrial foi aprobada cos votos do PSOE. O mesmo posicionamento deuse a hora de aprobar a proposta para que a Xunta adique 140 millóns de euros a Vigo nos seus orzamentos.
martes, 8 out 2019
A modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Urbana para a reordenación do ámbito do Barrio do Cura foi aprobada este martes na sesión extraordinaria do Pleno da Corporación Municipal. Tanto PSOE como PP votaron a favor, mentres que Marea posicionouse en contra e o BNG abstívose. Agora, o documento pasa a exposición pública durante dous meses.