Vigo recibe hoxe ao Carteiro Real na caseta de Policarpo Sanz
martes, 26 dec 2023Os nenos que queren entregar en man as súas cartas dirixidas aos Reis Magos poderán facelo ata o vindeiro venres 5 de xaneiro.
Os nenos que queren entregar en man as súas cartas dirixidas aos Reis Magos poderán facelo ata o vindeiro venres 5 de xaneiro.
Este Nadal serán 154 os usuarios do servizo de Teleasistencia e do Servizo de Axuda no Fogar os que reciban a domicilio a cea de Noiteboa. Tal e como indicou Caballero estes menús levan consigo "a felicitación e o cariño de toda a cidade".
Abel Caballero anunciou este mércores que o Concello despregará un dispositivo especial de limpeza das rúas da cidade durante as principais citas festivas do Nadal coa finalidade de eliminar o elevado volume de residuos que se prevén polas distintas celebracións.
Os datos oficiais de ocupación do aeroporto rexistrados en novembro, o cuarto con mellores resultados de 2023, “confirman a Vigo como un dos grandes destinos turísticos de Europa e de España”. Así o asegurou este martes Abel Caballero ao indicar que o mes pasado o aeródromo rexistrou unha ocupación de voos do 78,75 por cento, superando en 3.5 puntos ás cifras de outubro.
Desde hoxe permanece aberto o prazo de inscrición para participar no Campus Polideportivo de Reis, que se celebrará no Complexo Deportivo das Travesas do 2 ao 4 de xaneiro. Así o anunciou este luns o alcalde Abel Caballero ao sinalar que a iniciativa conta con 150 prazas para nenos de 6 a 14 anos. O prezo da inscrición ascende a 30 euros. As actividades desenvolveranse entre as 9 da mañá e as 2 da tarde.
O Concello e máis de 45 profesionais de Radio Taxi facilitarán a preto de 200 persoas que residen en 20 centros de maiores de Vigo realizar un percorrido totalmente gratuíto para gozar da iluminación e decoración despregada na cidade durante o Nadal. Por quinto ano, o vindeiro luns 11 de decembro, os maiores contemplarán en directo elementos emblemáticos como a árbore da Porta do Sol, de 45 metros de lonxitude, que este ano exhibe unha abraiante estrela.