Escoitar

O Concello ten todo listo para a Cabalgata dos Reis Magos

Abel Caballero anunciou este martes que o goberno municipal ten todo listo para organizar a Cabalgata de Reis Magos ao contratar todos os servizos necesarios.

martes, 26 dec 2023
Abel Caballero, nunha foto de arquivo da Cabalgata dos Reis Magos de 2022
Abel Caballero, nunha foto de arquivo da Cabalgata dos Reis Magos de 2022

O goberno contratou por 297.721 euros todos os servizos necesarios para organizar a Cabalgata de Reis Magos.

Por partidas, para produción técnica dedícanse 119.500 euros; para deseño e produción as cinco carrozas municipais un total de 78.071 euros e para animación e baile, coa participación de preto de 200 animadores, 99.825 euros.

A celebración de Reyes volverá contar con dúas citas importantes o día 5: a cabalgata estática da mañá e a dinámica pola tarde. A primeira estará instalda na Avenida de Castelao entre as 11 da mañá e as 14.000 horas; e a de tarde arrincará ás 18.00 horas desde a Avenida de Castelao para discorrer por Praza de América, rúa Álvaro Cunqueiro, Camelias ata a rotonda do Bicentenario.

Caballero detallou que haberá 9 carrozas ambientadas no tema “Mar e fantasía”. Ás 5 municipais -Policía Local, Carteiro Real, Melchor, Gaspar e Baltasar- súmanse outras e 4 en colaboración con empresas privadas. A partir das 20,30 horas terá lugar recepción dos Reis Magos na árbore de Porta do Sol.

O Concello despregará un dispositivo de seguridad integrado por máis de 500 efectivos entre Policía Local, bombeiros, Policía Nacional, ambulancias medicalizadas , voluntarios de Protección Civil, e a Oficina Municipal de Voluntariado.

Descargar todas as imaxes