Escoitar

O goberno local dedica 142.000 euros ao desenvolvemento de políticas de Igualdade

A Xunta de Goberno Local vén de aprobar a contratación da xestión e dinamización do Centro de Documentación e Recursos Feministas e da Casa das Mulleres para o período 2024-2025.

martes, 26 dec 2023

O alcalde informou este luns da aprobación da contratación da xestión e dinamización do Centro de documentación e recursos feministas de Vigo, dentro do Plan Municipal de Igualdade, que ten un importe de 63.957 euros para os anos 2024 e 2025.

O centro está integrado na Rede de Centros de Documentación e Bibliotecas de Mulleres, conta con 12 postos en sala de lectura, préstamo a domicilio, préstamo interbibliotecario, asesoramento documental e actividades de extensión cultural e dispón dun fondo documental de máis de 11.127 volumes, 151 títulos de publicacións periódicas e 722 unidades de material audiovisual.

Ademais, tamén recibiu luz verde a contratación da xestión e dinamización da Casa das Mulleres, para os anos 2024 e 2025. Cun orzamento de 78.139 euros, o obxectivo é fortalecer a posición das mulleres en todos os ámbitos da vida.

Abel Caballero apuntou que no Concello de Vigo “seguimos desenvolvendo a política de Igualdade porque é unha das grandes cuestións da modernidade”.

Descargar todas as imaxes