Escoitar

Vigo terá un Estadio Municipal de Atletismo "dos de maior nivel europeo”

O alcalde informou esta mañá da adxudicación en Xunta de Goberno da redacción do proxecto básico e de execución do novo Estadio Municipal de Atletismo de Vigo, cun importe de 184.360 euros.

venres, 22 dec 2023

A reforma integral do Estadio Municipal de Atletismo comezan unha nova fase, ao realizar na Xunta de Goberno de hoxe a adxudicación da redacción do proxecto básico e de execución por un importe de 184.360 euros.

Abel Caballero sinalou que a previsión é “destinar 8.675.398 euros ás novas instalacións”, para contar cun novo Estadio Municipal de Atletismo de Vigo, no que se instalará “unha pista moderna e actualizada”.

Contará cun pavimento deportivo de calidade e uns equipamentos e espazos adaptados ás necesidades do novo atletismo. Ademais construirase a bancada cuberta para o público, os vestiarios e aseos, o ximnasio, as torres dos xuíces e o sistema de megafonía, entre outros.

O estadio tamén albergará un módulo cuberto, un espazo multifuncional, unha sala de conferencias e formación, unha enfermería e unha salga antidopaxe, entre as novidades. “Deste xeito, respondemos o uso intensivo das actuais instalacións, que acollen a máis de 300 deportistas da cidade e de fora dela, que adestran diariamente nas instalacións”, reseñou Caballero.