O Concello organiza actividades infantís para a conciliación familiar no Nadal
O Marco, O Verbum e as oficinas municipais de distrito de Bouzas e Teis ofrecerán desde mañá venres xogos creativos, educativos e accións de convivencia e igualdade para nenas e nenos de entre 3 e 12 anos, en horario de mañá e de tarde.
O alcalde explicou este xoves que os campamentos lúdicos de igualdade se organizan co obxectivo de facilitar a conciliación familiar durante o Nadal. Desde este venres, 22 de decembro, e ata o 30 de decembro, o goberno municipal ofrece actividades gratuítas e sen necesidade de inscribirse previamente en catro espazos : o Marco (Salón de actos), a oficina municipal de distrito de Bouzas, a oficina municipal de distrito de Teis e a Sala de exposicións do Verbum.
En horario de mañá e de tarde, para nenos e nenas de entre 3 e 12 anos, haberá manualidades creativas, xogos educativos e accións de convivencia e igualdade coas que se promoven valores de igualdade entre nenas e nenos e se favorece a resolución pacífica de conflitos de forma lúdica e participativa.