Abel Caballero inaugura a nova cuberta do Colexio Javier Sensat
O alcalde inaugurou este xoves a nova cuberta do Colexio Público Javier Sensat coa que se crean dous espazos de xogo. “Estamos enormemente satisfeitos de facer esta obra”, afirmou.
Abel Caballero, tras comprobar a transformación do patio de xogos do Colexio Público Javier Sensat, remarcou que a instalación da nova cuberta proporciona dous novos espazos de xogos diferenciados por idades.
As cubertas translúcidas permitiron crear unha área diáfana de 300 metros cadrados onde se instalou un pista multideportiva para facer deporte ao aire libre, así como unha zona de 70 metros onde os máis pequenos gozan cos xogos clásicos.
O alcalde explicou que a obra contou cun orzamento de 365.958 euros.