Escoitar

Abel Caballero destaca a relevancia de que “Europa comparta a importancia da liña de alta velocidade de Vigo a Porto”

O acordo para a revisión da Rede Transeuropea de Transporte inclúe a Vigo no Corredor Atlántico dentro da denominada Rede Básica, con finalización antes do ano 2030.

mércores, 20 dec 2023

Como indicou o rexedor vigués “o Parlamento Europeo e o Consello da Unión Europea, os dous órganos lexislativos da UE, chegaron a un acordo para a revisión da Rede Transeuropea de Transporte”, que inclúe o Corredor Atlántico na Rede Básica de mercadorías co eixo León– Monforte–Ourense-Vigo-A Coruña, “de vital importancia para Vigo”.

Caballero tamén se referiu á conexión Vigo-Porto en Alta Velocidade, que está “nun segundo lugar, ao considerar a Comisión que non é realista o prazo do 2030”, co que o incorporan á Rede Básica Ampliada na que o prazo máximo é o 2040. O rexedor reseñou que “tanto o goberno portugués como nós dende Vigo, creemos que é posible que se remate antes de 2030”, pero que “en todo caso temos que ir a maior velocidade” xa que “os saltos non teñen que ser en períodos de 10 anos, polo que seguiremos insistindo dada a súa importancia”.

Deste xeito “trazaremos unha conexión entre dous países que se converten nun continuo a través da Alta Velocidade”, sinala Caballero, que cualifica de “avance moi importante” o acordo, e engade que “debemos permanecer presionando o máximo dende España e Portugal”.

Descargar todas as imaxes