O 28 de decembro aprobaranse en Pleno o PXOM e os orzamentos de 2024
O xoves 28 de decembro está prevista a celebración do Pleno extraordinario que permitirá dar luz verde de xeito provisional ao Plan Xeral. Unha sesión na que tamén se validarán as contas municipais de 2024.
O alcalde anunciou para o xoves 28 de decembro a convocatoria dun pleno extraordinario para a aprobación provisional do Plan Xeral. De este xeito, dixo, avánzase nun documento urbanístico “coherente, libre de especulación, máis verde, con máis dotacións deportivas e culturais. Nesa mesma sesión plenaria, tamén se aprobará o orzamento de 2024, unhas contas que prevén máis política social, máis inversión, máis recursos para deporte, cultura ou creación de emprego, aclarou Caballero.