Vigo enche rúas, comercios, restaurantes e hoteis co Nadal
Abel Caballero expresou que o Nadal está a atraer a milleiros de turistas e visitantes e que "se están a bater todos os récords". O alcalde explicou que a ocupación hoteleira foi case do 100% e que moitos dos que se achegan a Vigo para visitar as luces de Nadal teñen que pernoctar noutras vilas como Pontevedra ou Ourense. Caballero valorou positivamente o bo funcionamento do dispositivo de tráfico para a recepción dos visitantes e certificou os cheos absolutos na hostalería e comercios. Tamén valorou positivamente o retorno social que está a ter o Nadal: "Os visitantes convértense en prescriptores do Nadal", manifestou.
