Escoitar

O alcalde celebra que o Goberno de España conceda a Vigo 72 millóns para a Moi Alta Tensión

O Ministerio de Transición Ecolóxica de ven de publicar a modificación de aspectos puntuais do "Plan de Desenvolvemento da Rede de Transporte de Enerxía Eléctrica 2021-2026", no que se adican 72 millóns de euros a nova subestación, “unha inversión importantísima”.

venres, 15 dec 2023

Como indicou o rexedor vigués, a vicepresidenta terceira, Teresa Ribera, “xa mo había adiantado no mes de febreiro, cando adquiriu este compromiso conmigo”, cristalizando agora no documento que recolle que a instalación está proxectada para o 2026.

No documento publicado polo Ministerio de Transición Ecolóxica, todos os proxectos de modificación do Plan de Desenvolvemento da Rede de Transporte de Enerxía Eléctrica 2021-2026, alcanzan un total de 321,2 millóns de euros, polo que, os 72 millóns que recibirá a cidade “é a maior partida dentro de todos os proxectos de modificación”.

Caballero congratulouse, xa que “isto é o que a planta de Stellantis demandaba, e agora xa o temos publicado e concedido”, subliñando que “o Goberno de España cumpre con Vigo”.

 

Descargar todas as imaxes