Escoitar

O goberno local oferta 7.000 prazas dentro do programa “Vigo, cidade amiga dos maiores”

O Teatro Salesianos acollerá este xoves a Festa de Nadal do Programa de Envellecemento activo “Vigo, cidade amiga dos maiores” coa participación de máis de 600 usuarios. Esta iniciativa municipal ten por obxectivo acompañar aos maiores da cidade para facilitarlles que poidan manter unha vida activa e saudable.

xoves, 14 dec 2023

O alcalde deu conta esta mañá do bo funcionamento do programa municipal Envellecemento Activo “Vigo cidade dos maiores”, unha iniciativa que ofrece máis de 7.000 prazas gratuítas contribuíndo a favorecer a vida saudable, a prevención da dependencia e reducir a soidade non desexada. Cun orzamento de máis de 200.000 euros, o Concello ten en marcha obradoiros de actividades de estimulación cognitiva; actividades interxeneracioanais nas prazas ao aire libre; exercicio físico en parques biosaudables; paseos pola ría ou excursións a lugares de interese de toda Galicia.

Esta mesma tarde, no Teatro Salesianos e a partir das 17,00 h, celebrarase a Festa de Nadal deste programa, con case 700 asistentes para participar en numerosas actuacións de baile, música e diversión, como compendio final das actividades realizadas no que vai de curso.

Descargar todas as imaxes