O albergue municipal celebra o Nadal con doces propios
O alcalde deu conta hoxe da organización dunha celebración navideña nas instalacións municipais de Marqués de Valterra o próximo xoves 21 de decembro.

O albergue municipal celebra a chegada do Nadal cunha xornada de confraternidade na que haberá degustación de doces de Nadal e música. O vindeiro xoves, as persoas usuarias dos diferentes proxectos do albergue: comedor, hixiene, programa básico e de transición á vida autónoma elaborarán doces típicos do Nadal pola mañá que serán probados pola tarde, a partir das 17:30 horas.
“Seguimos facendo a máis importante e máis humana política social de España”, apuntou o rexedor este mércores ao dar conta desta actividade.