O rexedor preside a comida dos Vigueses Distinguidos
A Fundación Vigueses Distinguidos celebrou este martes un xantar de confraternidade no que participaron arredor de 40 persoas, homes e mulleres que a título persoal ou en representación dalgunha entidade olívica, teñen recibido o galardón pola súa traxectoria profesional ou polas súas virtudes humanas ao longo da historia dos premios Viguesas e Vigueses Distinguidos que cada ano entrega o Concello.


