Abel Caballero: “O Concello realizará máis de 50 actuacións lúdicas durante as vacacións escolares de Nadal”
Instalaranse 20 carpas en diferentes puntos da cidade, que albergarán concertos de grupos e bandas, pasarrúas, actuacións de magos e pallasos e danza.
Abel Caballero desvelou esta mañá as numerosas actividades lúdicas que organiza o Concello de cara as vacacións escolares de Nadal.
As máis de 50 actividades terán lugar en carpas instaladas en diferentes puntos da cidade como: Navia, Bembrive, Porta do Sol, Traviesas, Teis, Balaídos, Alcabre, Matamá, O Calvario, Teis, Torrecedeira, Pi Y Margall, Bouzas, Camelias, Travesía de Vigo, Plaza do emigrante, Fragoso, Florida, Casablanca e Jenaro de la Fuente.
Entre outras, acollerán preto de 15 concertos de bandas de música ata o sábado 30 de decembro:
- 23, 24 y 30, en Teixugueiras, Navia
- 23, na Sociedade Helios de Bembrive
- 24, na Praza do Emigrante
- 26, no Mercado de Teis
- 29, no exterior da grada de Marcador Centenario do estadio de Balaídos
- 30, na Igrexa de Alcabre
- 30, na Sociedade Atlántica de Matamá
Terán lugar 9 concertos de grupos musicais en Praza Independencia, os días 22, 23, 26, 27, 28, 29 e 30 de decembro. Así como, 12 pasarrúas en O Calvario, Teis, Torrecedeira, Pi Y Margall, Bouzas, Camelias, Travesía de Vigo, Plaza do emigrante, Fragoso, Florida, Casablanca y Jenaro de la Fuente, os días 22, 23, 24, 26, 27, 28, 29 e 30.
Finalmente, os máis pequenos tamén poderán asistir a 11 actuacións, nas que se inclúen magos, pallasos e actuacións das escolas de danza de Vigo. Terán lugar en Navia, os días 22, 23, 26, 27, 28, 29 e 30 de decembro.