mércores, 27 decembro 2023

Caballero destaca que o orzamento de 2024 conta con investimentos "excepcionais" de 50 millóns de euros

A corporación municipal ha aprobado definitivamente este mércores, con 18 votos a favor do grupo municipal socialista e 8 en contra dos concelleiros do PP e do BNG, os orzamentos municipais para 2024. Vigo estreará o novo ano cunhas contas de récord, ao alcanzar os 316,6 millóns de euros e superar en 24,5 millóns ás de 2023. Abel Caballero destacou que o goberno leva 17 anos aprobando o orzamento “en tempo e forma” o que permite poder realizar investimentos e desenvolver políticas sociais e deportivas, así como o modelo global de Vigo. Apuntou que entre os 37 millóns de investimentos previstos polo goberno que preside para o ano que vén, e os Fondos Europeos provenientes do Goberno de España, a cidade contará con 50 millóns para proxectos, que se suman a outros 55 en execución. "Os orzamentos terán unha quenda de investimentos excepcionais", afirmou.