Vigocultura oferta 27 espectáculos no primeiro semestre de 2024
O Concello deseñou unha programación para tódolos públicos coa presenza de compañías galegas e nacionais que se desenvolverá desde o 3 de febreiro e ata o 28 de abril de 2024.
O goberno municipal vén de resolver a programación cultural de Vigocultura para o vindeiro semestre de 2024. Inclúe 27 actuacións, que se celebrarán entre o 3 de febreiro e o 28 de abril. Haberá 17 obras para adultos, 9 representacións para nenos e 1 interpretación para todos os públicos.
Abel Caballero valorou o programa como “actuacións de desenvolvemento cultural que teñen un éxito excepcional” e que abranguen diferentes disciplinas: teatro de rúa, actuacións musicais, monólogos, comedias, teatro sensorial para bebés, marionetas, danza, maxia, teatro comedia de máscara e circo, entre outras. Participarán compañías galegas e nacionais, tanto emerxentes como cunha ampla experiencia.
A rúa do Príncipe será o escenario das actuacións ao aire libre e o Auditorio Municipal acollerá aquelas que se configuran en espazos pechados.
Programación:
▪ Sábado 3 de febreiro. Sarao Producións: “O Bosque Vivinte”. Teatro de rúa
▪ Venres 9 de febreiro. Basilio Martí: “Transylvania Suite”. Música
▪ Sábado 10 de febreiro. Amorodio Teatro: “A nai”. Teatro comedias
▪ Domingo 11 de febreiro. Markeliñe: “Mamut”. Teatro xestual
▪ Venres 16 de febreiro: Ainé Produccións: “Aquí tou”, Monólogo de Xosé Antonio Touriñán
▪ Sábado 17 de febreiro. Contraproducións S.L.: “Apaga o candil”. Teatro comedia
▪ Domingo 18 de febreiro. Trémola Teatro: “Brilla, brilla”. Teatro para bebés
▪ Venres 23 de febreiro. Ilusionista Pedro Volta: “Ilusionante”. Maxia
▪ Sábado 24 de febreiro. Contraproduccións S.L: “Entrega en man”. Comedia
▪ Domingo 25 de febreiro. Roi Borrallas: “Solo”. Marionetas
▪ Venres 1 de marzo. Iago Regueiro: “Grazas por venir, homenaje a Lina Morgan”. Comedia
▪ Sábado 2 de marzo. Sarabela Teatro: “Made in Galiza”. Comedia
▪ Domingo 3 de marzo. Olivas negras: “O rapto de Befana”. Comedia de máscara
▪ Sábado 9 de marzo. Chévere Producións: “Helen Keller, a muller marabilla?”. Teatro contemporáneo
▪ Domingo 10 de marzo. A Maga Fani: “Igualdade, onde estás?”. Maxia
▪ Venres 15 de marzo. Manekineko: “Cancións amarelas, flores tristes”. Teatro contemporáneo
▪ Sábado 16 de marzo. Artyc Content: “Que din as rumorosas”. Teatro contemporáneo
▪ Domingo 17 de marzo. La Coja Dansa: “El cuento de Persépolis”. Danza
▪ Venres 12 de abril. Ron Lalá Teatro: “4x4”. Comedia
▪ Sábado 13 de abril. Souvenir: “Non é unha canción”. Teatro contemporáneo
▪ Domingo 14 de abril. Aina Marabillas&Portal71: “Las Cotton”. Marionetas
▪ Venres 19 de abril. De Ste Xeito Producións: “Neura”. Estrea. Comedia
▪ Sábado 20 de abril. Pistacatro Produtora de Soños: “La punta do mi nariz”. Circo
▪ Domingo 12 de abril. Artefeito: “Cirqueiras”. Circo
▪ Venres 26 de abril. Cía Kirenia Danza: “Emigrantas”. Danza contemporánea
▪ Sábado 27 de abril. LAD Dance Compañy: Qualia”. Danza contemporánea
▪ Domingo 28 de abril. Pistacatro Produtora de Soños: “361” da Compañía Proyecto Tránsito. Híbrido de circo e danza