mércores, 20 dec 2023
Este Nadal serán 154 os usuarios do servizo de Teleasistencia e do Servizo de Axuda no Fogar os que reciban a domicilio a cea de Noiteboa. Tal e como indicou Caballero estes menús levan consigo "a felicitación e o cariño de toda a cidade".
mércores, 13 dec 2023
Abel Caballero anunciou este mércores que o Concello despregará un dispositivo especial de limpeza das rúas da cidade durante as principais citas festivas do Nadal coa finalidade de eliminar o elevado volume de residuos que se prevén polas distintas celebracións.
martes, 12 dec 2023
Os datos oficiais de ocupación do aeroporto rexistrados en novembro, o cuarto con mellores resultados de 2023, “confirman a Vigo como un dos grandes destinos turísticos de Europa e de España”. Así o asegurou este martes Abel Caballero ao indicar que o mes pasado o aeródromo rexistrou unha ocupación de voos do 78,75 por cento, superando en 3.5 puntos ás cifras de outubro.
luns, 11 dec 2023
Desde hoxe permanece aberto o prazo de inscrición para participar no Campus Polideportivo de Reis, que se celebrará no Complexo Deportivo das Travesas do 2 ao 4 de xaneiro. Así o anunciou este luns o alcalde Abel Caballero ao sinalar que a iniciativa conta con 150 prazas para nenos de 6 a 14 anos. O prezo da inscrición ascende a 30 euros. As actividades desenvolveranse entre as 9 da mañá e as 2 da tarde.
xoves, 7 dec 2023
O Concello e máis de 45 profesionais de Radio Taxi facilitarán a preto de 200 persoas que residen en 20 centros de maiores de Vigo realizar un percorrido totalmente gratuíto para gozar da iluminación e decoración despregada na cidade durante o Nadal. Por quinto ano, o vindeiro luns 11 de decembro, os maiores contemplarán en directo elementos emblemáticos como a árbore da Porta do Sol, de 45 metros de lonxitude, que este ano exhibe unha abraiante estrela.