“O Nadal é un fenómeno extraordinario que dá a volta ao mundo”
venres, 29 nov 2024O alcalde referiuse este venres á clasificación realizada polo portal de reservas Ebooking que sitúa a Vigo como o destino favorito de España durante o Nadal.
O alcalde referiuse este venres á clasificación realizada polo portal de reservas Ebooking que sitúa a Vigo como o destino favorito de España durante o Nadal.
O alcalde afirmou este venres que o incremento nun 1,3 por cento de viaxeiros rexistrados polo Instituto Nacional de Estatística o pasado mes de outubro consolida a Vigo como unha “das cidades turísticas máis importantes de Europa”.
Este sábado ás 20 horas da tarde, a Porta do Sol, convertida nun “gran bosque de Nadal”, será o escenario do acendido da iluminación da cidade que poderá seguirse en directo a través da web municipal. O alcalde celebra que o Nadal estea presente en soportes publicitarios de Nova York, París, Roma ou Londres: "Vigo xa ocupa un lugar excepcional no mundo".
As persoas que queiran vivir o acendido na Porta do Sol este sábado 16 ás 20 horas deberán acceder á praza, que terá un aforo de 7.000 persoas, desde Doutor Cadaval, Carral, Policarpo Sanz ou Príncipe. Instalarase unha pantalla no Farol de Urzáiz e outra en Policarpo Sanz para seguir o acto. O acceso para persoas de mobilidade reducida á zona reservada deberá facerse por Doutor Cadaval
O alcalde deu conta este martes dos detalles do Plan de Autoprotección que garantirá a seguridade do acto de acendido da iluminación de Nadal da cidade, que se celebra este sábado ás 8 da tarde. Haberá unha pantalla con emisión en directo do acto no Farol de Urzáiz e outra en Policarpo Sanz
Abel Caballero desvelou que se realizará novamente unha versión estática, pola mañá, e unha dinámica, a tarde do 5 de xaneiro.
O alcalde activou o reloxo coa conta atrás para o comezo do Nadal situado no Farol de Urzáiz.
Abel Caballero acudiu ao inicio da montaxe da árbore de Nadal e anunciou que a Porta do Sol terá un novo sistema de iluminación, con árbores de 8 metros ao redor da praza en substitución dos elementos colgantes. Elduayen contará con 5 novos grandes elementos decorativos e Marqués de Valladares estreará iluminación ecogreenlux.
O alcalde anunciou que haberá un mercado de Nadal na Alameda de Bouzas. Vialia terá dous pistas de xeo, casetas de Nadal e un carrusel.
Vigo comeza a instalación da montaxe para as luces de Nadal. Abel Caballero asistiu ao acto simbólico de colocación do primeiro motivo do Nadal onde invitou a á cidadanía a visitar á cidade: “Toda España vai querer vir a Vigo”. O Nadal 2024-2025 alumeará 450 rúas con 11,5 millóns de luces led.