O rexedor destaca a "emocionante" iniciativa dos taxistas para que os maiores gocen do Nadal
xoves, 7 dec 2023O Concello e máis de 45 profesionais de Radio Taxi facilitarán a preto de 200 persoas que residen en 20 centros de maiores de Vigo realizar un percorrido totalmente gratuíto para gozar da iluminación e decoración despregada na cidade durante o Nadal. Por quinto ano, o vindeiro luns 11 de decembro, os maiores contemplarán en directo elementos emblemáticos como a árbore da Porta do Sol, de 45 metros de lonxitude, que este ano exhibe unha abraiante estrela.