A ocupación hoteleira no mes de decembro foi do 82%
O alcalde informou que este dato supón unha suba do 10,8% con respecto ao mes de decembro do ano anterior. O Belén Monumental de Casa das Artes recibiu 118.872 visitas, case 9.000 máis que no 2023.
Abel Caballero amosou a súa satisfacción polos datos de ocupación hoteleira rexistrados no mes de decembro, un 82%, o que supón un 10,8% máis que o ano anterior. O alcalde cualificou o dato como “moi significativo” porque “o que parecía imposible, superar os datos do 2023, sucedeu”.
Así, decembro do 2024 convértese no mes de decembro coa ocupación hoteleira máis alta desde que hai rexistros. A metade dos turistas proveñen do resto de España, o 10,5% de Galicia e o 40% do resto do mundo. Dentro dos turistas internacionais, os portugueses supoñen o 62% do total.
Caballero tamén informou dos datos de visitas ao Belén Monumental da Casa das Artes, con 118.872 rexistros de entradas. O alcalde lembrou que o ano anterior se rexistraron 107.000 visitas, polo que hai una suba do 10%, “un indicador máis da repercusión do Nadal”.