Escoitar

Vigo apagará as luces de Nadal ao fin de semana do 13 de xaneiro

Abel Caballero anunciou este xoves que o apagado das luces de Nadal terá lugar a fin de semana do 13 e 14 de xaneiro. O Concello atende á petición dos hostaleiros de aproveitar a afluencia de visitantes para desenvolver o turismo de compras en Vigo.

xoves, 4 xan 2024
Luces de Nadal na Porta do Sol
Luces de Nadal na Porta do Sol

O alcalde explicou que, ante a petición dos hostaleiros de prolongar durante outra semana máis o aceso do Nadal, o goberno local procederá ao apagado a fin de semana do 13 de xaneiro.

O rexedor incidiu en que os responsables do sector da hostalería argumentan “o marabillosamente ben que está a ir o Nadal, dos niveis de afluencia en hoteis que están practicamente ao cento por cento, das cafeterías, dos restaurantes e dos comercios” para solicitar a ampliación da presenza do Nadal na cidade. “Anímannos a continuar con este proxecto e a seguir realzandolo porque Vigo está nestes momentos no planeta polo Nadal”, asegurou.

Descargar todas as imaxes