O goberno presentará 17 candidaturas a bandeiras e carreiros azuis
O goberno municipal de Vigo aprobará na Xunta de Goberno Local de mañá venres 5 de decembro as 17 candidaturas para bandeiras e carreiros azuis de 2024, que se conceden no mes de maio.
Abel Caballero adiantou este xoves que o goberno vigués presentará este ano un total de 17 candidaturas para optar á distinción de praias e carreiros azuis.
O alcalde explicou que se presentarán un total de 12 praias: A Punta, Bouzas, Carril, Santa Baia, A Fonte, Argazada, Samil, Fontaina, Vao, Canido, Fortiñón e Rodas nas Illas Cíes.
A estas praias hai que sumar cinco carreiros azuis, fronte aos 4 de 2023. Detallou que optarán a Vía Verde, o camiño a Beiramar do río Lagares, a senda entre faros das Illas Cíes, a senda litoral de Teis e do monte da Guía, sumando a senda do río Lagares "que é un novo percorrido de 11,5 quilómetros que xa está acabado e listo para a súa utilización", apuntou.