luns, 27 feb 2017
O goberno vigués validou a posta en marcha da nova depuradora do Lagares, "ampliada e modernizada", que xa iniciou a súa conexión cos colectores xerais de saneamento. "Era unha gran demanda medioambiental da cidade", expuxo o alcalde, quen asegurou que a de Vigo é "unha das depuradoras máis importantes de Europa"
venres, 24 feb 2017
O próximo luns 27 de febreiro comeza o prazo de inscrición nas actividades do Camiño a Camiño, que se desenvolverán nos meses de marzo e abril. Este ano, incluirán novidosos percorridos medioambientais e cursos de formación. <br />
xoves, 2 feb 2017
No Día Mundial das Zonas Húmidas Caballero visitou o CEIP Seis do Nadal onde 200 escolares participaron nas actividades organizadas para sensibilizar sobre a importancia do medio ambiente. A campaña municipal esténdese a todos os centros educativos da cidade.
luns, 19 dec 2016
O alcalde e o Valedor do Cidadá presentaron hoxe luns os dous últimos libros dirixidos polo profesor Espada. As investigacións afondan na percepción da cidadanía viguesa sobre o cambio climático, actualizan as emisións de gases de efecto invernadoiro da cidade e propón liñas para reducilas. O estudo sitúa a Vigo nunha situación intermedia, cun nivel de emisións semellante ao doutras urbes con poboación similar.
mércores, 19 out 2016
O Concello entregará a "Mami" en adopción a unha familia na que un dos seus membros ten necesidades educativas especiais, avanzou esta mañá o rexedor. Trátase dunha das seis cadelas coas que se presta terapia asistida a nenos e adultos. Este animal foi sacado da canceira e adestrado para prestar este servizo. <br />
martes, 4 out 2016
O alcalde e responsables de Vegalsa- Eroski asinaron este martes un convenio de colaboración mediante o cal o grupo empresarial financia con máis de 15.000 euros sete rutas deste programa municipal de sensibilización e educación ambiental que organiza percorridos por contornas naturais do concello e da contorna.
xoves, 7 xul 2016
O goberno de Vigo leva adiante dous proxectos nos que seis cadelas -presentadas este xoves polo alcalde de Vigo- actúan como elemento terapéutico e formativo. Tres cadelas traballan con 550 usuarios de nove asociacións que atenden a persoas con necesidades especiais e as outras tres, con preto de mil alumnos e alumnas de seis colexios vigueses.
xoves, 23 xuñ 2016
Abel Caballero participou este xoves no izado simbólico das bandeiras azuis da cidade, nove distincións a praias (Argazada, A Punta, Tombo do Gato, Fontaíña, Vao, Canido, Fortiñón, Rodas e Figueiras) e tres sendeiros azuis (a dos Faros en Cíes, a litoral do Monte da Guía de Teis e o camiño do Lagares).<br />
xoves, 16 xuñ 2016
Segundo informou este xoves Abel Caballero, o goberno de Vigo xa iniciou o servizo de socorrismo, salvamento e asistencia sanitaria en dez areais vigueses. Funcionará ata o 15 de setembro e o Concello adica 426.000 euros. Tamén traballan no litoral vigués e nas Illas Cíes 16 axentes da unidade Costa e Praia da Policía Local. <br />
venres, 6 mai 2016
O próximo 15 de maio organízase a III Andaina polos montes de Vigo, cun percorrido de case 39 quilómetros distribuidos en tres itinerarios con diferente lonxitude e dificultade. Esta iniciativa forma parte do programa "Camiño a Camiño" que xa conta con máis de 8.000 participantes.