venres, 2 xuñ 2017
O espazo estará aberto a todos os públicos simulando a realidade de diferentes hábitats e as solucións aos seus problemas ambientais. O alcalde achegouse á celebración do Día Mundial do Medio Ambiente na praia de Samil, onde participaron 236 escolares vigueses nas actividades organizadas polo Concello.
luns, 22 mai 2017
Máis de mil usuarios formaron parte dos cursos de formación que oferta o Concello dentro do proxecto de hortas urbanas. Tal e como detallou o rexedor, na actualidade, hai 350 persoas traballando en calquera dos nove espazos de cultivo distribuídos por toda a cidade.
xoves, 18 mai 2017
Abel Caballero deu conta hoxe xoves da aprobación do expediente de contratación do servizo de mantemento dos oito cemiterios municipais. Cun orzamento de licitación de 923.913 euros, o contrato será por 3 anos.
venres, 12 mai 2017
A concelleira de Medioambiente, Chus Lago, explicou este venres que o percorrido é "ambicioso pero para todos os públicos", xa que está dividido en tramos con distinto nivel de dificultade. Para asegurar o seu correcto desenvolvemento, a IV Andaina polos Montes de Vigo, que terá lugar o 28 de maio, contará cun dispositivo de cen persoas.
mércores, 10 mai 2017
Caballero relacionou esta mañá estas distincións co fomento de turismo e amosou a súa satisfacción porque Vigo revalida os 12 recoñecementos medioambientais que obtivo o ano pasado. Un ano máis, as bandeiras azuis ondearán en 9 praias e 3 sendeiros da cidade.
martes, 9 mai 2017
Vigo volverá contar este verán con 9 bandeiras azuis nos seus areais. Segundo vén de facer público ADEAC (Asociación de Educación Ambiental y del Consumidor), a cidade tamén mantén os recoñecementos medioambientais nos sendeiros "Camiño de Beiramar", a "Senda entre Faros nas Illas Cíes" e a "Senda litoral e do Monte da Guía".
luns, 8 mai 2017
A concelleira de Medioambiente presentou este luns a actividade no Monte Vixiador. Co VigoExplora, un total de mil nenos e nenas de entre 3 e 12 anos coñecerán o monte guiados por expertos e dunha forma lúdica. Chus Lago salientou a alta demanda coa que se recibiu esta proposta, da que participan unha ducia de colexios.
mércores, 26 abr 2017
A Corporación aprobou inicialmente este mércores a actualización da Ordenanza Municipal para a Protección e Tenencia de Animais. Cando se aprobe de forma definitiva, o goberno de Vigo designará os areais, que terán que recibir o visto bo de Costas.
xoves, 16 mar 2017
O Concello vén de poñer en marcha "unha nova dimensión do Camiño a Camiño" que pasa por converter o monte en accesible para persoas con mobilidade reducida. O Concello dispón de tres cadeiras de rodas que contarán con dous portadores cada una delas, ademais dun guía que lles explicará os temas relacionados co patrimonio natural e artístico. <br />
venres, 10 mar 2017
O alcalde de Vigo comprometeuse esta mañá con ADEAC Bandeiras Azuis en cooperar nunha campaña de sensibilización sobre eventuais accidentes acuáticos. Así o acordou logo dunha reunión que mantivo con Virginia Yuste, vicepresidenta da entidade.