luns, 11 dec 2017
O nivel da auga subiu nas últimas horas desde o 32,7% rexistrado o domingo. Con este dato de auga embalsada o alcalde dá por finalizada a situación de alerta por seca malia que "recomendamos consumo responsable".
venres, 1 dec 2017
Abel Caballero trasladou que desde este mesmo venres se vai establecer un caudal ecolóxico de 150 litros por segundo nos encoros de Vigo, unha cifra que garante subministro de auga para 75 días. O rexedor tamén anunciou o acordo coa Xunta no convenio para a execución de emerxencia do transvase desde o río Verdugo.
venres, 24 nov 2017
O Concello quere que se adopte a solución "máis rápida" das dúas alternativas propostas pola Xunta de Galicia hoxe para trasladar auga da conca á presa que abastece a Vigo e a súa área. Ademais a Xunta comprométese a reducir o caudal ecolóxico en canto realice os informes pertinentes.
luns, 20 nov 2017
O alcalde acudiu esta mañá a Augas de Galicia para trasladar o "gravísimo" problema que está a atravesar a área de Vigo con motivo da seca. Tal e como avanzou nunha rolda de prensa previa, a continuación, Caballero trasladará aos alcaldes dos municipios abastecidos desde Eiras as conclusións deste encontro.
venres, 17 nov 2017
Caballero transmitiulle ao goberno autonómico a súa preocupación pola escaseza de auga e criticou a súa "inactividade total que pode ter gravísimas consecuencias" na cidade. Demandou con urxencia a construción do azud e a rebaixa do caudal ecolóxico de Eiras.
martes, 14 nov 2017
O alcalde anunciou hoxe martes a adopción de novas actuacións para minorar o gasto de auga na cidade, que se engaden ás xa en vigor. Así, o goberno vigués pecha as duchas e lavadoiros das praias, as instalacións ornamentais en VigoZoo e suprime o rego nos campos de fútbol de herba sintética, entre outras.
xoves, 9 nov 2017
Reitera a petición ao goberno autonómico para reducir o caudal ecolóxico do encoro de Eiras e recomenda á cidadanía consumo responsable, explicando que coa adopción de medidas cidadás e a redución dos baldeos xa se aforrou un 3,3% no consumo.
martes, 24 out 2017
O goberno vigués está a adoptar medidas para evitar a erosión do solo afectado pola vaga de lumes da anterior fin de semana. Informou o alcalde da adquisición de tea biodegradable que actuará como barreira e da distribución de 34 toneladas de palla seca polos montes. Caballero anunciou a apertura dunha oficina municipal de asesoramento aos afectados polos lumes.
venres, 20 out 2017
O alcalde e o director xeral de Vego Supermercados asinaron o convenio de colaboración da entidade co programa municipal "Camiño a Camiño" no Mercado do Progreso, onde presenciaron os talleres cos que os escolares vigueses aprenden sobre alimentación saudable.
venres, 1 set 2017
O voluntariado municipal no arquipélago suma 1.000 participantes ao longo de 2016 que realizan tarefas de protección, conservación e sensibilización, segundo informou o alcalde que destaca a "presenza permanente" do Concello nas Cíes.