O Concello reforestará zonas afectadas polos incendios do ano 2017 con 1.500 árbores
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este xoves que o Concello de Vigo levará a cabo de forma inmediata unha reforestación con 1.500 árbores de zonas afectadas polos incendios de outubro de 2017. "É unha nova fase do Anel Verde que temos proxectado nos montes de Vigo", sinalou.
O Concello de Vigo levará a cabo nas vindeiras semanas varias actuacións encamiñadas á reforestacións de zonas queimadas polos incendios forestais de outubro de 2017. O alcalde avanzou que xa está en fase de tramitación a redacción do proxecto definitivo para construír o Anel Verde.
"Queremos unha zona verde arborada para a defensa contra o lume e que á vez sirva como gran paseo polos montes da cidade", sinalou Abel Caballero na súa comparecencia ante os medios de comunicación, durante a cal adiantou un novo avance na construción do Anel Verde.
O rexedor indicou que de xeito inmediato vanse plantar 1.500 árbores (castiñeiras e carballos) en parques forestais e contornas de Comesaña, Matamá, Coruxo, Zamáns e Valadares. Ademais, tamén haberá novas plantacións con distintas especies de grande porte en Comesaña e oliveiras na contorna dos adros das igrexas de Valadares e San Andrés.
Caballero explicou que todos os traballos estarán apoiados por traballadores do Plan de Emprego do Concello de Vigo, uns 20 operarios contratados que xa realizan labores nos montes da cidade. "Estamos a falar de realidade, xa estamos a desenrolar o Anel Verde da cidade", dixo o alcalde.
Actualmente está acabado o proxecto básico para o Anel Verde e xa estamos tramitando o expediente para a contratación da redacción do proxecto definitivo, que conta cun orzamento de 380.000 euros. O orzamento do Anel Verde chega ata os 7,5 millóns.