Escoitar

Caballero alcanza acordos con Costas para a cesión e recuperación do bordo litoral de Vigo

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este mércores un acordo co departamento provincial de Costas para avanzar en cinco proxectos que recuperen a fachada marítima da cidade para a cidadanía. "É un dos grandes obxectivos da cidade, unha das grandes recuperacións de Vigo", sinalou.

mércores, 30 xan 2019
1548855194300119AlcaldeCostas.jpeg
O Concello de Vigo recibiu este mércores o visto e prace do departamento provincial de Costas para a cesión de espazos que permitan a recuperación de gran parte da fachada marítima de Vigo. "Trátase dun dos grandes obxectivos da cidade, unha das grandes recuperacións de Vigo", apuntou Abel Caballero.

O alcalde de Vigo mantivo unha xuntanza co director provincial de Costas, Enrique Fernández Menéndez, na que chegaron ao acordo para a cesión do Paseo de Bouzas e o tramo entre a núcleo boucense e Samil. Ademais, houbo entendemento para recuperar a praia da Punta cun novo espigón, a rampla da praia da Mourisca (Museo do Mar), a pasarela do Vao a Toralla e o permiso para cubrir as pistas de Tenis de Samil.

"Non quero perder tempo, a situación das praias e paseos marítimas de Vigo está desbloqueada despois de sete anos", explicou Caballero en referencia ás trabas do anterior Goberno de Mariano Rajoy.

En primeiro lugar, o rexedor destacou a cesión durante 75 anos prorrogable outros 75- do paseo de Bouzas, desde a praia ata a ponte. "Mantemos que a parte voladiza do paseo de madeira é de Vigo, non queremos amputar partes da cidade e propuxemos que todo o paseo competencia de Bouzas pase ao Concello con todas as súas competencias", indicou.

De Bouzas a Samil
O alcalde tamén avanzou que Costas está de acordo coa concesión de 75 anos para que o tramo desde Bouzas a Samil sexa responsabilidade do Concello, xa que aogra ninguén encárgase do mantemento.

Ademais, o Concello solicitou que se reconstrúa o espigón que se penetraba no mar e separaba a praia da Punta, en Teis, das instalacións da ETEA para así poder acometer a rexeneración do areal. "Desde que son alcalde teño o obxectivo de recuperar a praia de A Punta, que da servizo a todo Teis, pero ten un problema, non ten area, e agora podemos solucionalo", dixo.

Museo do Mar
Outro dos proxectos que se desbloquearon na reunión foi a demandada reparación do acceso á praia de Mourisca desde o Museo do Mar, en Alcabre. "Debe levar así catro anos", indicou Caballero. O Concello encargarase de confirmar que non existen impedimentos arqueolóxicos que bloqueen a reparación e Costas refará o acceso.

Na xuntanza, Caballero tamén conseguiu o compromiso de Fernández Menéndez para que repare a pasarela de madeira do Vao que leva ata Toralla e logrou o apoio de Costas ao proxecto para a cubrición das pistas de tenis das instalacións de Samil.
1548855194300119AlcaldeCostas.jpeg
1548856137costas2.jpg