Escoitar

O alcalde, honrado polo recoñecemento "Suso Jares" ao labor de dúas escolas infantís municipais

As Escolas Infantís Municipais de Santa Cristina e Mestres Goldar recibiron o II Recoñecemento "Suso Jares" de programas e experiencias de convivencia escolar e de paz, nun acto no que Abel Caballero salientou que o 82% das prazas destes centros están subvencionadas polo Concello.

mércores, 30 xan 2019
1548856224DSC08073.jpg
Coincidindo co Día Escolar da Non Violencia e a Paz, o rexedor asistiu ao acto organizado por FOANPAS e Nova Escola Galega, un colectivo que traballa en novas formas de pedagoxía e de fomento da convivencia e da cultura da non violencia en educación Infantil e Primaria.

As dúas entidades recoñecen o labor desenvolvido polas escolas municipais de Santa Cristina en Lavadores e Mestres Goldar, en Castrelos, merecedoras do II Recoñecemento "Suso Jares". O alcalde amosou a súa "honra" por recibir esta distinción que, segundo explicou, valora os métodos pedagóxicos empregados polas escolas municipais e o nivel de subvención municipal destes centros, que chega ata o 82%, tendo un custo de practicamente cero para a cidadanía e moi baixo para a meirande parte dos usuarios.
Descargar todas as imaxes