mércores, 30 xaneiro 2019

Vigo continuou no 2018 á cabeza das cidades españolas no pronto pago a provedores

mércores, 30 xan 2019

O Concello sitúase unha vez máis como a cidade española que antes abona as súas facturas, cun prazo que en decembro foi de sete días, cando a media das corporacións locais é de 59 días. Os datos, ofrecidos polo goberno de Vigo no pleno deste mércores, indican que o Concello efectuou máis de 13.000 pagos o ano pasado por importe superior aos 146 millóns.

O Concello avoga por un edificio singular para a Biblioteca do Estado e pide o apoio da Xunta

mércores, 30 xan 2019

Cos únicos votos favorables dos edís do goberno vigués, o Pleno aprobou este mércores unha moción que insta á Xunta de Galicia a que "apoie o compromiso do Ministerio de Cultura co alcalde de construír un edificio emblemático e singular" e polo tanto a retirar a súa proposta de emprazar a Biblioteca nos actuais edificios dos xulgados cando estes queden baleiros.