O rexedor defende maior visibilidade para as mulleres que traballan no sector da pesca

O alcalde avogou esta mañá porque as mulleres segan gañando visibilidade no sector da pesca, seguindo cunha "revolución" da igualdade que xa é imparable. Así o dixo na Cooperativa de Armadores durante a presentación de Redmar II, un programa que ten, entre outros obxectivos, mellorar a empregabilidade das mulleres tituladas en formación marítimo-pesqueira.

xoves, 31 xan 2019
1548942303arvi.JPG
O alcalde participou esta mañá na Cooperativa de Armadores na presentación de Redmar II, un programa para o fomento da mellora das boas prácticas en materia de igualdade de oportunidades, seguridade a bordo e medio ambiente. Na presentación, o rexedor amosouse "orgulloso" de participar nunhas xornadas que promoven a empregabilidade das mulleres tituladas en formación marítimo-pesqueira. Caballero tamén resaltou a importancia das conclusións do segundo dos proxectos que se presentaron estas xornadas, Espataves, que prevé a redución da Taxa de Captura Incidental de Aves Mariñas no sector pesqueiro extractivo.

O alcalde estivo acompañado por Javier Touza, presidente de ARVI; por Javier Remiro, coordinador da Área de Pesca e Acuicultura Sostenibles do Ministerio para a Transición Ecolóxica; e por Dolores Rois, xefa de Explotación da Autoridade Portuaria de Vigo.
Descargar todas as imaxes