xoves, 15 mar 2018
Abel Caballero mantivo na tarde do mércores un encontro con Isabel García Tejerija para abordar solucións ante os problemas de abastecemento de auga aos municipios. Logo da reunión, o presidente da FEMP insistiu na necesidade de axilizar "porque é posible que teñamos pouco tempo para tomar decisións. Todo sinala que o cambio climático xa está aquí".
martes, 13 mar 2018
O alcalde e presidente da FEMP, quen se reunirá este mércores coa ministra de Medio Ambiente, asegurou que é preciso garantir o abastecemento de auga a núcleos urbanos para evitar situacións como as vividas en Vigo hai uns meses. Na súa axenda en Madrid, Caballero tamén citarase coa alcaldesa, Manuela Carmena.
luns, 26 feb 2018
O Concello ven de dar a coñecer a programación de Camiño a Camiño para a primavera 2018. A primeira ruta terá lugar o domingo 4 de marzo iniciando unha serie de percorridos pola Senda Panorámica de Vigo (GR-53).
xoves, 22 feb 2018
Abel Caballero informou da aprobación este xoves deste proxecto de actividades de sensibilización e educación medioambiental, que terá lugar entre abril e xuño deste ano como parte do programa "Camiño a Camiño". O Concello de Vigo organizará percorridos por Vigo e comarca e tamén desprazamentos a outros puntos de Galicia.
xoves, 1 feb 2018
O goberno de Vigo abre o proceso de licitación do servizo de vixilancia, socorrismo, salvamento e asistencia sanitaria no verán en dez praias da cidade, contrato por dous anos e importe total de 970.000 euros. Abel Caballero informou tamén da solicitude de renovación das nove bandeiras azuis e tres sendeiros azuis conseguidos o pasado ano.
venres, 19 xan 2018
Abel Caballero presentou unha campaña de recollida de sinaturas en apoio ao recoñecemento das Illas Cíes como Patrimonio da Humanidade. A iniciativa, que arrancará este sábado ás 12,00 h na rúa Príncipe, desenvolverase durante toda a semana en dez puntos diferentes da cidade simultaneamente.
venres, 29 dec 2017
Abel Caballero achegou os datos das analíticas realizadas na rede nos últimos tres días que rexistran niveis de ferro por debaixo do máximo permitido e demandou a rectificación da Xunta de Galicia.
xoves, 28 dec 2017
Tras o acordo adoptado pola Xunta de Goberno Local, poderase iniciar a construción dunha obra "imprescindible" para garantir o subministro de auga a Vigo e outros oito concellos da área metropolitana, apuntou Abel Caballero.
mércores, 13 dec 2017
Abel Caballero informou da situación de "normalidade" na presa de Eiras que se atopa hoxe ao 78,7% da súa capacidade e avanzou o contido da carta remitida ao presidente da Xunta instándoo a asumir as responsabilidades e competencias da Xunta na solución de emerxencia e na definitiva no servizo da auga en Vigo.
martes, 12 dec 2017
Novas análises realizadas esta mesma mañá, segundo informou Abel Caballero, ratifican que a auga é "potable ao 100%". Reitera o rexedor que a concesionaria efectúa analíticas cada catro horas e a auga cumpre con todos os parámetros de potabilidade.