Escoitar

O rexedor convida á cidade a sumarse á VI Andaina polos montes de Vigo

O vindeiro domingo 12 de maio celébrase a sexta edición desta actividade do programa medioambiental "Camiño a camiño" na que colaboran as comunidades de montes vigueses e que pretende poñer en valor o patrimonio natural e paisaxístico.

luns, 29 abr 2019
1556540518Andaina.jpg
Abel Caballero puxo en valor o traballo desenvolvido polos Montes de Vigo, especialmente despois dos incendios de 2017, e convidou á cidadanía a sumarse á sexta edición da Andaina para "vivir o monte xuntos, gozalo e sentirnos parte da súa conservación".

A actividade desenvolverase o domingo 12 de maio, con saída da Praza do Rei en autobús, previas inscricións no teléfono 010 ou no blog Camiño a Camiño e contará cun operativo especial de persoal da Policía Local, Protección Civil E Voluntarios.

A VI Andaina polos montes de Vigo busca poñer en valor o patrimonio natural e paisaxístico do municipio territorio) e discorre ao longo de 39,3 kilómetros polos montes de Candeán, Cabral, Bembrive, Beade e Zamáns. O percorrido divídese en tres tramos: o 1 desde o Parque forestal de Zamáns, Muíños Zamáns, CUVI, Parque Forestal de Beade; o segundo parte do Parque Forestal de Beade, Área Pouso (Bembrive), Gorxal, Cotogrande, Bandeira, Vixiador e o terceiro desde o Parque Forestal do Vixiador, Necrópole con remate no Parque Forestal do Vixiador.

A andaina forma parte do programa de educación medioambiental "Camiño a Camiño" e está organizada polo Concello de Vigo, coa colaboración de Montes de Vigo e co patrocinio de Vegalsa-Eroski e Coca-Cola. Conta cunha pequerruta e unha ruta adaptada a persoas con mobilidade reducida.

Na presentación estiveron presentes Uxío González e Gregorio Álvarez, presidente e vicepresidente respectivamente da Mancomunidade de Montes de Vigo, Irasema Dámaso Carballido, do departamento de Responsabilidade Social Empresarial de Vegalsa-Eroski e Adrián Torreiro Rojo, do departamento de comunicación de Vegalsa Eroski.
Descargar todas as imaxes