A Xunta de Goberno aproba a colaboración do Concello coa Real Academia de Belas Artes
O protocolo acordado pretende a promoción e dinamización conxunta do patrimonio artístico municipal. Amais quedou autorizada a modificación do proxecto de humanización de Rosalía de Castro na rúa Heraclio Botana.
A Xunta de Goberno Local vén de dar luz verde ao protocolo de colaboración entre o Concello e a Real Academia Galega de Belas Artes de Nosa Señora de Rosario para a promoción e dinamización do patrimonio artístico municipal co que, ambas institucións se comprometen a promover e difundir de maneira conxunta a arte e cultura galegas con estudos, publicacións, exposicións e investigacións.
Amais, quedou aprobada a proposta de autorización do inicio do expediente de modificación do proxecto de obras de humanización do encontro da rúa Rosalía de Castro e García Barbón: as rúas Serafín Avendaño, Roupeiro e Heraclio Botana que ten un orzamento de licitación de 487.000 euros. A modificación do proxecto servirá para cambiar a liña da rasante da rúa para poder ancheala e abrila ao tráfico, gañando unha rúa máis na cidade.